Descobren que a Casa Torre de Escuredo do Grove é obra do arquitecto Jenaro de la Fuente
Expertos e veciños agardan que o achado permita dotar a vivenda de protección
O prestixioso arquitecto modernista asinou entre as súas obras o Hotel-Balneario de Mondariz ou o Pazo de Lourizán
A Casa Torre de Escuredo situada no centro do Grove data de finais do século XIX, aínda que no solar houbo previamente un pazo, do que se conserva só unha pequena parte. O resto derrubouse para construír un edificio de vivendas. Por iso os expertos destacan que a Casa de Escuredo é unha das obras modernistas máis senlleiras da vila que agora cobra aínda máis importancia tras descubrirse uns documentos en que se constata que foi obra do prestixioso arquitecto Jenaro de la Fuente.
De la Fuente é autor de edificios tan senlleiros como o Pazo Balneario de Mondariz ou o balneario de Caldas de Reis, entre outros moitos edificios modernistas de Vigo, ou o Pazo de Lourizán.
Os expertos destacan a singularidade arquitectónica e todo o acervo cultural que latexa entre as súas paredes. A casa xa fora declarada Ben de Interese Cultural pero a familia propietaria logrou que retiraran esa protección. Agora expertos e veciños coidan que hai razóns aínda para que as administracións a recuperen para uso público e se evite a súa deterioración.