Desartellan unha banda que roubou máis de 700 quilos de berberecho en Ribeira
Nun dos operativos comisaron 584 quilos de bivalvo cun valor de 3.883 euros no mercado
En Cabo de Cruz os gardas rurais localizaron 3 furtivos nunha embarcación
Pantalóns de chándal anoados polas pernas e pola cintura cheos de berberechos. Era o modo en que os furtivos camuflaban e transportaban o marisco que ilicitamente extraían na praia da Ladeira, un espazo protexido pertencente ao parque nacional de Corrubedo. Os axentes da Erpol da Policía Autonómica comisaron nos diversos operativos realizados desde o mes de outubro ata decembro nos que foron identificadas 11 persoas máis de 700 quilos de berberecho,
Os furtivos traballaban de noite e contaban cunha ampla infraestrutura de vixilancia para poderen operar.
A de Corrubedo non é única zona onde os furtivos seguen a operar. En Cabo de Cruz os gardas Rurais detectaron ata en dúas ocasións a presenza de mariscadores ilegais que se moven en embarcacións.
Malia estas actuacións, aseguran que en Cabo de Cruz o furtivismo está contido, e que se detecta maior movemento na zona de Rianxo.