Cargando resultados...
Desaparece un home de 79 anos en Vilagarcía
Foi visto por última vez na zona de Trabanca Sardiñeira, na parroquia do Carril
Home desaparecido
G24.gal
27/06/2024 16:01
As forzas de seguridade buscan un home desaparecido en Vilagarcía dende o pasado martes. Chámase Pepe Dieste, ten 79 anos e foi visto por última vez na zona de Trabanca Sardiñeira, na parroquia do Carril.
Mide 1,70 metros, é de complexión delgada e ten o cabelo branco. Hai preocupación porque a súa situación está considerada de alta vulnerabilidade. Equipos de emerxencias, Garda Civil e tamén grupos de veciños, peitean a zona para tratar de localizalo.