Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan outro edificio no centro de Ourense por un incendio no ático

Desaloxan outro edificio no centro de Ourense por un incendio no ático

Tres persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume 

Foi na avenida da Habana, preto de onde onte rescataran unha muller de 97 anos noutro incendio

 

G24.gal 01/02/2023 14:37

O lume que prendeu nun ático dun grande edificio da avenida da Habana obrigou a desaloxar as vivendas e a cortar o tráfico da vía para os labores de extinción de dos bombeiros e outros efectivos de emerxencias. Segundo as primeiras informacións, no ático había oito persoas e tres delas tiveron que ser atendidas polos equipos sanitarios por inhalación de fume.

"Desaloxaron todo; chamaron a todos os pisos e botaron a toda a xente fora", conta o veciño que vive no ático contiguo ao do incendio. El saíu dos primeiros alertado polo fume que lle chegaba a súa casa. 

"Vin que entraba fume pola canalización eléctrica. Puxen unha toalla mollada na boca e saín"

Todo parece indicar que o lume se orixinou nun aparato eléctrico. A gran columna de fume púidose ver desde moitos puntos da cidade. Ao ser un edificio céntrico, a despregadura de emerxencias espertou unha grande expectación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade