Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desaloxan cinco edificios por un incendio forestal no parque natural de La Albufera

Desaloxan cinco edificios por un incendio forestal no parque natural de La Albufera

Os fortes ventos dificultan a extinción doutros incendios en Alacante

G24.gal 12/02/2024 20:56 Última actualización 12/02/2024 21:12

Un impresionante incendio ameaza o parque natural de La Albufera, en Valencia. A virulencia das lapas e a intensa fumareda obrigou a evacuar cinco edificios no distrito de El Saler e trasladar os seus ocupantes a un hotel.

Hai tres hospitalizados por inhalación de fume. O lume avanza en tres frontes e na súa extinción participan 23 dotacións de bombeiros. Parte dos medios aéreos despregados tiveron que retirarse pola forza do vento.  

As altas temperaturas e o forte vento tamén están dificultando a extinción de varios incendios forestais que se declararon na provincia de Alacante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade