Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaconsellan o baño nas zonas centrais da praia de Samil

Desaconsellan o baño nas zonas centrais da praia de Samil

As análises detectaron nas augas un alto contido de contaminación microbiolóxica

G24.gal 11/09/2022 09:29 Última actualización 11/09/2022 09:38

O areal de Samil pasa estes días por un episodio de contaminación microbiolóxica. O Concello colocou varios carteis que desaconsellan o baño nos treitos centrais do areal. Non está prohibido pero non é recomendable entrar nas augas nesas zonas.

As probas que realizaron técnicos do SERGAS a semana pasada detectaron na auga un alto contido en Escherichia coli e Esterococo intestinal.

Aínda así moitos bañistas facían pouco caso das indicacións de contaminación microbiolóxica esta fin de semana.

Non é a primeira vez que sucede este ano, non en Samil pero si nos areais de Foz e A Calzoa, onde  se prohibiu o baño a finais de maio pola parada dunha depuradora.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar