Publicador de contidos

Publicador de contidos

Derrota dun Obradoiro que complica o seu futuro na ACB

Derrota dun Obradoiro que complica o seu futuro na ACB

Perdeu por 80-73 diante dun rival directo como o Zaragoza e tampouco puido manter o "average"

G24.gal 13/04/2022 23:18

O futuro do Obradoiro na ACB complícase despois da derrota na pista de Zaragoza. Encadeaba tres partidos seguidos contra rivais directos. Dous xa están perdidos e agora queda o da fin de semana na pista de Burgos, un todo ou nada para o equipo de Moncho Fernández. 

O partido tivo un bo inicio para o cadro santiagués. Apostou polo nucleo duro no primeiro cuarto e gañouno 20-22 cunha boa produción ofensiva. A cousa comezou a torcerse no segundo período. Coa entrada da segunda unidade baixaron as prestacións e Zaragoza foise (37-30). Sorte que nun treito final espectacular cun parcial de 2-14 volveron coller o mando do partido (39-44). 

O terceiro cuarto resultou de máxima igualdade cos dous equipos alternándose á fronte do marcador conscientes do moito que había en xogo. Todo quedaba para o último cuarto. A igualdade durou ata o minuto 32 (65-64). O Obradoiro desapareceu en ataque e estivo cinco minutos sen anotar. Non tivo que facer nada do outro mundo o Zaragoza para coller unha pequena vantaxe (72-64) que xa non soltaría. 

Todo lle saiu mal ao Obra que perdeu o "average" (gañara por cinco no Sar). O partido na pista de Burgos convérterse nunha gran final pola permanencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade