Derrota clara dun Breogán que acusou a baixa de Musa
Perderon 90-65 contra o Real Madrid, moi superior en todo o partido
Derrota clara do Río Breogán no Wizink Center. Os lugueses acusaron a baixa de Dzanan Musa, ausente tras a súa lesión e aínda hospitalizado.
A homenaxe quedou na previa do partido porque, máis aló do 0-2 inicial, o Breogán foi sempre por detrás no marcador. Non puido aproveitar a fonda crise na que chegaba o Real Madrid á cita, aínda coas augas revoltas pola expulsión de Thompkins e Heurtel.
No primeiro cuarto o Real Madrid xa estaba trece arriba (26-13) no descanso a diferenza xa se ía por riba dos 20 puntos cun equipo branco moi acertado en ataque (53-29). O segundo tempo sobrou porque os de Laso baixaron o pé do acelerador unha vez acacaron un +30. O partido rematou cun resultado de 90 a 65.
#ForzaBreo pic.twitter.com/9y4IaJSTyX
— Dzanan Musa (@DzMusa) April 17, 2022