Denuncian que os roubos no campo de fútbol da Grela, na Coruña, son frecuentes
Na mesma tarde roubaron cartos e xoias dos integrantes de tres equipos de fútbol
Era a primeira vez que o Numancia de Ares xogaba no campo da Grela, na Coruña, e a súa estrea deixounos con mal sabor de boca.
Mentres se disputaba o partido, alguén, sen forzar a porta do vestiario, roubou todos os billetes que os os 16 xogadores e 2 directivos tiñan nas súas carteiras. Entre 500 e 600 euros.
Decatouse un dos xogadores ao descubrir que a súa carteira non estaba no peto onde a deixara antes de saír a xogar.
Non daban creto. E menos aínda cando co paso das horas souberon que non era a primeira vez que pasaba e que non foran as únicas vítimas da tarde do domingo pasado.
Quéixanse de que ninguén os alertara e tamén da falta de control.
Tras interpoñer a correspondente denuncia, a Policía Nacional abriu unha investigación.