A remodelación de Alfonso Molina provoca cambios no tráfico de acceso á Coruña
Redúcense os carrís e tamén os límites de velocidade
Os cambios entrarán en vigor a partir das 22:00 horas deste xoves e prolongaranse ata febreiro do ano que vén
Arquivo
O Ministerio de Transportes e Mobilidade acometerá cambios provisionais no tráfico na AC-11 pola remodelación de Alfonso Molina para poder avanzar nos traballos.
A partir das 22:00 horas deste xoves e ata o luns 22 de febreiro de 2027, os tres carrís da AC-11 en sentido saída da cidade desprazaranse cara á mediana, reducindo a súa anchura, á altura do paso superior sobre a avenida García Sabell.
Así mesmo, acurtarase o carril de incorporación á AC-11 do tráfico procedente do polígono de Pocomaco.
Durante este período, tamén se limitará a velocidade en sentido saída da cidade a 70 km/h desde a fonte das Paxariñas e a 50 km/h desde a altura do centro comercial Carrefour ata as inmediacións do acceso á gasolineira de Repsol.
Como itinerarios alternativos para acceder á AC-11 desde a avenida García Sabell, recoméndase utilizar os accesos desde San Cristovo e a estrada da Zapateira.