Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quince meses convivindo coa sucidade e malos cheiros de gatos e cans

Quince meses convivindo coa sucidade e malos cheiros de gatos e cans

Os afectados aseguran que falaron cos seus veciños molestos e que lles fan caso omiso

Xa levaron o caso ao xulgado

G24.gal 16/06/2023 14:19

O primeiro esquerda dun edificio da avenida de Arteixo, na Coruña, é obxecto de controversia desde que chegou unha parella a vivir en alugueiro. Con eles trouxeron unha morea de gatos e cans.

Pasaron xa quince meses e os veciños, case desde o principio, comezaron a denunciar a sucidade e os malos cheiros que sufrían por mor dos animais.

"O cheiro é horrible. Chega ata o quinto andar. E para a muller que tamén vive no primeiro é un calvario", comenta unha veciña do inmoble.

Contan que ás veces ata teñen que aturar os ruídos dos cans e dos gatos. Fartos desta difícil convivencia, dedicidiron falar, sen éxito, co matrimonio.

"Non fan caso. Din que a eles non lles cheira nada".

"Nós non queremos botalos a eles. O que queremos é que saquen os animais de aquí porque eles non limpan".

"Veu dúas veces a Patrulla Verde a limpar as zonas comúns e ata a súa vivenda, pero non é a solución porque o problema segue aí", manifestan os veciños.

Así que hai arredor dun ano decidiron levar o caso ao xulgado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar