Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian que balas dun campo de tiro de Monforte impactan en casas cercanas

Denuncian que balas dun campo de tiro de Monforte impactan en casas cercanas

As familias residentes na zona din que levan anos temendo polas súas vidas

Os responsables do club de tiro aseguran que cumpren coas medidas de seguridade

Félix Aragunde 23/02/2023 13:56

As balas perdidas asubían ao pasaren xunto ás casas, segundo denuncian os veciños das Lamas, en Monforte. Sinalan que os proxectís procedentes dun campo de tiro acaban impactando nas vivendas, nunha das cales chegaron a contar máis de 30 impactos nas paredes ou nas ventás. 

As primeiras denuncias dos afectados datan do ano 2006. Así e todo, as balas perdidas seguiron chegando ata as casas dos veciños, que din que temen polas súas vidas. 

Pola súa parte, os donos do club de tiro aseguran que as instalacións cumpren con todas as medidas de seguridade e que é imposible que saian balas perdidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade