Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian inseguridade por unha suposta narcocasa no barrio vigués de Coia

Denuncian inseguridade por unha suposta narcocasa no barrio vigués de Coia

Os afectados din que conviven con ruídos, ameazas e liortas a calquera hora do día

Para acabar co problema, pídenlle ao dono da vivenda que se implique

G24.gal 25/12/2025 14:07

Conviven con ruídos, ameazas e liortas a calquera hora do día, segundo asegura un grupo de persoas que reside ao carón desta suposta narcocasa ocupada no barrio vigués de Coia. 

Unha da afectadas chegou a xuízo para denunciar as ameazas que sofre e pediu unha orde de afastamento. 

"Acusáronme de matarlles un gato. A cousa empezou durísima, con ameazas de morte e intentos de agresión, tirar cristais á miña casa", di Belén González.

Os veciños contan que a presenza policial conseguiu frear un pouco a situación, pero o conflito continúa, mesmo entre os que ocupan a casa.

"Conflitos aquí e continuos berros. Agora está todo parado porque hai dous día faleceu un chaval de 24 anos nesa casa por consumo e isto estase disparando", asegura José Luis Costas, outro veciño.

Din que esta situación impídelles vivir tranquilos.

"Poñen a cabeza tola porque están berrando, insúltanse, palabrotas, de todo... Así non se pode vivir", advirte outra veciña.

Para acabar co problema, pídenlle ao dono da vivenda que se implique.

"Que interveña o propietario, que é un caras e non quere saber nada da casa. Eu falei co irmán e di que a dan como morta", engade José Luis.

Mentres non se resolve a situación, os afectados crearon un grupo de whatsapp por se algún necesita axuda.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade