Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian o mal estado do firme da A-55

Denuncian o mal estado do firme da A-55

Os conductores reclaman arranxos urxentes para acabar coas fochancas

G24.gal 01/04/2024 14:39

Os paneis luminosos da propia autovía xa advirten da presenza de fochancas na A-55 ao seu paso por Mos. Os conos sinalan os puntos máis perigosos. O mal estado do firme únese aos problemas de sinistralidade que presenta a autovía. 

No concello de Mos, o pleno municipal leva tempo reclamando unha mellora íntegra desta vía. Os veciños quéixanse tamén do ruído do tráfico que, segundo din, se ve empeorado polas fochas. 

Os usuarios lamentan que non haxa unha alternativa para os milleiros de condutores que cada ano pasan por aquí e reclaman actuacións urxentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade