Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian o mal estado da estrada que une Baxoi co resto de Guitiriz

Denuncian o mal estado da estrada que une Baxoi co resto de Guitiriz

O firme da vía, que usan a diario, está ateigado de fochancas e resulta perigoso

Félix Aragunde 02/03/2022 13:07

A estrada que une os lugares de Baxoi e de Moscosa, na parroquia guitiricense de Trasparga, encóntrase cada vez en peor estado, segundo denuncian os seus usuarios.

Din que o continuo paso de camións con madeira estragou o firme ata enchelo de fochancas e volver intransitable a vía que usan a diario para ir ao resto do concello.

O treito da estrada que se encontra en peores condicións está situado ao norte da autovía A-6. Os afectados reclaman que se acometa con urxencia a súa renovación integral, co fin de evitar avarías ou accidentes ao transitaren por esta pista.

Mentres non se restaura o pavimento, os veciños da zona seguen a extremar as precaucións por esta estrada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade