Denuncian o dono dun can que atacou un neno de 21 meses na Coruña
O animal, de raza american bully, causoulle diversas feridas e contusións nas costas e na cintura
O pequeno, de 21 meses, estaba xogando co seu patín na céntrica praza da Galera cando se cruzou co can que o atacou.
Seu pai, co axuda dos seus amigos e outras clientes da viñoteca onde estaban tomando algo, tardou dous minutos en liberar o neno. Con todo, o animal, de raza american bully, trabouno nas costas e na cintura. Unhas feridas que precisaron de intervención médica e catro puntos de sutura.
O dono do can, aproveitando que todos estaban pendentes do pequeno, fuxíu. Porén unha testemuña foi atrás del. Grazas a isto, a Policía Local prendeuno nunha rúa próxima. Os axentes identificárono e tamén comprobaron que o can tiña a documentación en negra.
Finalmente, os pais do neno denunciaron o dono do animal, ao que lle reclaman danos e prexuízos. Acúsano amais de fuxir para evitar calquera responsabilidade.