Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian en Rairiz de Veiga os ataques a carballos centenarios

Denuncian en Rairiz de Veiga os ataques a carballos centenarios

As árbores aparecen con buratos no tronco

Sospeitan que lles botan algún tipo de veleno

G24.gal 01/06/2022 21:34 Última actualización 01/06/2022 21:50

Unha veciña de Rairiz de Veiga denuncia os ataques que sofren dende varios carballos da súa propiedade, algúns deles centenarios. As árbores aparecen con buratos no tronco onde sospeitan botan algún tipo de veleno que acaba secándoos por completo. 

"Pois fan un burato cun trade e métenlle unha substancia: un herbicida ou ácido de batería ou cousas así e a árbore vai secando. O propio zume vai distribuíndo o veleno e acaban morrendo. E hai veces que se paran de facelo poden non morrer, pero se se fai reiteradamente como no noso caso si que morren, claro. Hai un carballo aí que ten douscentos anos e ten cinco ou seis buratos, e está morto".

Deste xeito relata María Rodríguez o que lle pasa as súas árbores. Os carballos morren dende hai tempo, pero foi hai apenas unhas semanas cando se decataron do que acontecía.

"Xa leva anos o que pasa é que empezamos a velo hai quince días, a decatarnos. Vense grises, secos, non refollan e cando fomos mirar están todos cheos de buratos. Os que están mortos están con buratos, feitos adrede claro".

Conta que hai outros casos coma este non só aquí, senón tamén noutras localidades próximas e que non entende que pode levar a alguén a facer tal cousa.

"Non somos só nós, nós somos un caso máis de tantos na zona, é unha riqueza natural que están esnaquizando porque lles estorba, é a única razón pola que se fai iso, supoño".

Di que quere que quede constancia do que está a pasar. Xa presentou un escrito no Concello relatando o acontecido e tamén denunciou os feitos ante o Seprona e a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos