Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian danos nos electrodomésticos pola rotura do cableame no barrio vigués de Teis

Denuncian danos nos electrodomésticos pola rotura do cableame no barrio vigués de Teis

Estiman que os danos poden chegar aos 6.000 euros

Reclaman que acompañía eléctrica se faga cargo das reparacións

G24.gal 01/11/2022 14:11

Unha árbore caída no barrio vigués de Teis provocou a rotura do cableame eléctrico. Cando a luz marchou, o primeiro do que se decataron os veciños da vivenda máis próxima foi de que a cociña, de gas pero con acendedor eléctrico, estaba ardendo. 

"Grazas que estaba o neno na casa. Apagóuselle o ordenador, foi á cociña e viu que ardía. Chamou a meu pai, que apagou o incendio", explica Iván Guedella Fernández, dono da vivenda.

Comprobaron entón que os cables do tendido eléctrico, a poucos metros da casa, romperan pola caída dunha árbore. Asegura que a compañía eléctrica só recoñece unha falta de luz.

"Estiveron os bombeiros e a policía local. Eu creo que os cables caeron enriba dunha chapa do meu terreo e por iso me afectou máis. Quero que veña un perito. Chamei á empresa e dinme que non detectaron ningún problema e que basicamente é culpa miña", lamenta Iván.

Estiman que reparar e repoñer os electrodomésticos afectados pode custarlles ata 6.000 euros. Xa están a avaliar todas as posibilidades que teñen para reclamar e non desbotan acudir aos xulgados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade