Publicador de contidos

Publicador de contidos

Co Desfile das Forzas Armadas, a hostalería en Vigo roldou o 96% de ocupación

Co Desfile das Forzas Armadas, a hostalería en Vigo roldou o 96% de ocupación

Estas cifras de ocupación tan altas son pouco habituais para esta época do ano

Notouse máis ambiente pola rúa, con terrazas ateigadas de xente, establecementos de hostalería e lugares de ocio con moito máis movemento

G24.gal 30/05/2026 14:47

Esta está a ser toda unha oportunidade para o sector hostaleiro. Moito máis ambiente pola rúa, terrazas ateigadas de xente e con establecementos de hostalería con moito máis movemento.

"Desde hai unhas semanas tiveron o hotel en completa ocupación, pero grazas a este evento, tivemos unha semana moi completa, moito movemento no hotel e tivemos o honor de recibir os altos cargos tamén aquí", di Victoria Castrillón, recepcionista de hotel.

As reservas roldan esta fin de semana en Vigo o 96 % , en moitos establecementos, tamén na contorna de Samil, preparáronse a fondo para a ampla demanda que agardaban.

"Si, notouse moito o turismo, eu traballo no Casino, estiveron alí a tope, entrando e saíndo, tomando algo, pasándoo ben. Foi un xeito de expandir aínda máis o turismo aquí en Vigo", engadiu outra empregada dun establecemento.

O desfile das Forzas Armadas foi un atractivo máis para visitar a cidade olívica. As cifras de ocupación tan altas son pouco habituais para esta época do ano, os hoteis, bares e restaurantes están practicamente cheos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade