Palilleiras de Galicia, Asturias e León participan nun encontro sobre o encaixe en Lugo
Ademais de coñecer en vivo outros xeitos de traballar tamén hai postos con fíos e materais relacionados con esta actividade
Ver manexar os palillos resulta moi atractivo. É tan difícil como parece? Comentan algunhas particpantes que se trata dunha técnica rutineira que "tan dífícil como parece, tan fácil é".
En Lugo, o encontro anual reúne a persoas procedentes de toda Galicia, Asturias e León.
A xuntanza pon de manifesto o traballo manual, artesanal e vocacional do encaixe de palillos, que se transmite de xeración en xeración.
Entre os asistentes a este encontro, moitos habituais, que recoñecen que este traballo artesanal cada vez está máis valorado.
Ademais de contemplar en vivo o traballo minucioso do manexo dos palillos, neste encontro de Lugo, pódense coñecer outras formas de traballar cos fíos.
Un encontro que resalta a importancia desta actividade e no que tamén hai postos con materiais e fíos relacionados co encaixe de palillos.