Publicador de contidos
Publicador de contidos

Demostración culinaria en Lugo con carne de porco celta

Demostración culinaria en Lugo con carne de porco celta

O público asistente degustou de balde receitas elaboradas por recoñecidos cociñeiros 

Félix Aragunde 23/05/2024 14:07

Tataki de solombo, arroz meloso ou torresmos son algunhas das receitas a base de porco celta que elaboraron ao vivo, na praza de abastos de Lugo, os cociñeiros Álex Méndez e Nardo Eiroa.

Nardo Eiroa, cociñeiro: "O torresmo fixémolo a baixa temperatura durante 13 ou 14 horas para que quedara super meloso e coa pel super crocante".

Álex Méndez, cociñeiro: "Tataki é unha receita tradicional do Xapón, que se fai con atún, e fixémolo co solombo de porco celta por esa cor vermella que ten".

Pola súa parte, o público asistente á demostración culinaria puido degustar de balde estes pratos e sorprenderse coas súas texturas e cos seus sabores.

Un dos obxectivos desta iniciativa é dar a coñecer a carne de porco celta entre un público novo e diverso, co fin de fomentar o seu consumo. Doutra banda, trátase tamén de dinamizar un mercado, esta praza de abastos, onde se aposta por produtos de calidade e de proximidade.

A degustación enmárcase no programa provincial 'Agro dinámico con porco celta', que busca poñer en valor os produtos desta raza autóctona xunto co traballo dos seus criadores.

Cruz Castro, veterinaria de Asoporcel: "Hai que darllo a coñecer á xente para crear ese nicho de mercado e de demanda que nos vai tirar despois dos gandeiros para que aumente o número de exemplares e de granxas".

Actualmente, hai censados en todo o país máis de 4.000 exemplares de porco celta.

O evento foi organizado pola Deputación de Lugo e Asoporcel O evento foi organizado pola Deputación de Lugo e Asoporcel
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade