Publicador de contidos

Publicador de contidos

Demandan melloras na AP-9 ao seu paso por Ferrol

Demandan melloras na AP-9 ao seu paso por Ferrol

Queixas dos usuarios da comarca de Ferrolterra polo mal estado do firme da autoestrada

A perigosidade da AP-9 ponse de manifesto sobre todo cando chove

 

 


 

Reducir a velocidade cando chove non é dabondo para evitar sustos, segundo contan os usuarios habituais
G24.gal 29/12/2025 14:24

"Aí na zona de Pontedeume quixen pasar un camión e non fun capaz, había uns charcos de auga, estaba chovendo bastante, eh!, e cando o crucei custoume o meu, eh!", conta un condutor.

Leva 22 anos aberto o tramo final da AP-9 que remata en Ferrol e os usuarios reclaman un mellor mantemento.

"Si, ten fochancas, si, para o que se paga non se está en condicións".

"Está un pouco abandonada".

"Moitas veces hai fochancas".

"Fáltanlle luces de iluminación todo o arredor, porque non ten reflectores como debe ter unha autoestrada", apuntan varios usuarios.

En días coma hoxe non se aprecian tanto esas deficiencias. O problema chega cando chove.

"Esvara porque o chan non está ben, non agarra"

"A drenaxe é malísima, fas 'aquaplaning' como vaias a unha velocidade que tal, si".

Piden un asfaltado en condicións e non pequenos remendos.

"Fan un cacho ao mellor polo medio e despois o outro lado que non está homoxénea, está un pouco parcheada de aquí e despois está lisa; en fin, é o que hai".

"Eu non tiven problemas, pero porque extremo a precaución para non telos, pero que si é perigosa, si", conclúen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade