Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deixan en liberdade tres dos detidos por acoitelar un home no Orzán coruñés

Deixan en liberdade tres dos detidos por acoitelar un home no Orzán coruñés

Tan só queda en prisión o suposto autor material da agresión, ocorrida nun local de copas desta zona da Coruña

G24.gal 07/05/2024 09:54

Un xuíz da Coruña acaba de deixar en liberdade tres dos detidos por acoitelar un home no Orzán o pasado 19 de abril de madrugada.

Isto non significa que estean exonerados de participar neste incidente, que rematou cunha persoa ferida despois de recibir 14 coiteladas en plena rúa, e estas tres persoas continúan investigadas por un delito de lesións.

A decisión tomouna o xuíz que instrúe este caso despois de tomar declaración ás testemuñas, polo que neste momento o presunto autor da agresión é o único que continúa en prisión. Trátase dun vello coñecido das forzas de seguridade e que no seu haber acumula varios antecedentes penais por delitos violentos e roubos.

Este suceso, rexistrado na madrugada do pasado 19 de abril, na zona de pubs da rúa Orzán, volveu reavivar as denuncias veciñais que reclaman unha maior presenza policial na zona, para evitar este tipo de incidentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar