Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declarado culpable de asasinar o seu sobriño de 3 anos en Santiago

Declarado culpable de asasinar o seu sobriño de 3 anos en Santiago

Un xurado popular considera probado que Santiago Cepeda matouno por asfixia

G24.gal 31/01/2023 21:49 Última actualización 31/01/2023 21:55

O home que matou o seu sobriño de 3 anos en Santiago no coñecido como caso Cepeda foi declarado culpable esta tarde.  Foi condenado por asasinato tras emitirse un veredicto de culpabilidade por parte dun xurado popular.

Condenárono por asfixiar ata a morte o seu sobriño de 3 anos de idade o 21 de setembro de 2020. Tras dúas semanas de xuízo oral, pechado ao público, os membros do tribunal consideraron que non hai ningunha circunstancia modificativa da responsabilidade penal, polo que consideran que Cepeda era consciente en todo momento dos seus actos.

Enfrontarase á prisión permanente revisable, e agora será a maxistrada da sección compostelá da Audiencia Provincial da Coruña a que, co veredicto xa emitido, deberá fundamentar e redactar a sentenza dun caso que conmocionou a sociedade galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade