Publicador de contidos

Publicador de contidos

A curva de Angrois "non se consideraba unha ameaza" antes do accidente, declara o técnico de Adif

A curva de Angrois "non se consideraba unha ameaza" antes do accidente, declara o técnico de Adif

"O accidente produciuse por unha sobrevelocidade por incumprimento do maquinista, usando o cadro de velocidades máximas", declara o responsable  de Adif encargado de redactar o proxecto modificado da liña Ourense-Santiago

O tecnico de Adif di  que co RTMS o accidente non se produciría

O exdirector de Enxeñería do Adif sinala responsables: o maquinista e Renfe

G24.gal 10/11/2022 21:13 Última actualización 11/11/2022 15:14

No xuízo polo accidente do tren Alvia, esta mañá declarou durante case catro horas Antonio Sánchez Corrales, o técnico de Adif que se encargou de redactar o proxecto modificado de instalacións de control de tráfico, mando e sinalización na liña Ourense-Santiago.

O técnico de Adif declarou que co cambio de ancho de vía desde Ourense se avaliaron todos os riscos do proxecto total e que non se valorou o risco parcial da modificación. Explicou que o cambio de trazado implicou a desconexión do ERTMS e que se fixo por motivos de funcionalidade da liña, pero en ningún caso por motivos de aforro económico.

Corrales, que declarou en calidade de testemuña, dixo  tamén que por iso se prescindiu tamén da colocación de carteis ou de balizas. Expuxo tamén que a sinalización lateral, conforme a normativa  lle permite ao maquinista "ubicarse" dada a "formación e cualificación" que se lle presupón.

Explicou  que no proxecto "non vían ningunha ameaza" e que se entendía que "os riscos eran tolerables". Engadiu que o cambio de velocidade de Angrois non era especialmente perigoso nin "excepcional" na rede viaria española, xa que hai case 50 puntos similares nas liñas do AVE.

O técnico de Adif tamén declarou ao letrado que representa a Adif que a avaluación do risco dunha liña faino "a empresa subministradora" e que, como neste caso, o "risco era tolerable", a norma di que se pasa ao sistema Asfa e que con el o "responsable da velocidade é o maquinista"; que el o recibiu e llo pasou ao departamento de seguridade, e que supón o "ese departamento o analizou".

O técnico de Adif declarou, a preguntas da Fiscalía, que a avaliación do risco dunha liña faina "a empresa subministradora", Renfe, e que, como neste caso o "risco era tolerable", a norma di que o "responsable da velocidade é o maquinista". Tamén recoñceu que se estivese o RTMS funcionando o "accidente non se produciría".

A preguntas dos letrados da acusación o técnico de Adif  insiste en que o accidente de Angrois se produciu "por unha sobrevelocidade por incumprimento do maquinista, usando o cadro de velocidades máximas".

O tecnico de Adif tamén dixo que o seu departamento, a direccion de Seguridade de Circulación, non participou no contrato do que ía subministrar a UTE

Na vista do día 9 de novembro, nunha declaración que durou unhas cinco horas, o exdirector xeral, Alfonso Ochoa, referiuse a Corrales en varias ocasións, ao ser preguntado en concreto pola modificación do proxecto da liña, que se produciu en 2010 e que supuxo eliminar o ERTMS dos últimos quilómetros do trazado, onde se produciu o sinistro.

E é que entre as instalacións das que era responsable atópanse as relativas aos sistemas ERTMS e ASFA, que centraron o xuízo esta semana coas declaracións de exresponsables e expertos na materia.

Dous dos maiores expertos no tema, Jorge Iglesias e Jaime Tamarit, do laboratorio de interoperabilidade do Cedex (adscrito ao ministerio), aseguran que desconectar o sistema embarcado supuxo incrementar o risco un "millón de veces" e entenden que a causa da traxedia foi primeiro a eliminación do sistema na vía e despois a mencionada desconexión.

Sánchez Corrales declarará como testemuña como traballador da Dirección de Instalacións de Control de Tráfico da Dirección Xeral de Operacións e Enxeñaría de Adif durante a construción da liña Ourense-Santiago, na que se produciu o descarrilamento.

Morreron 80 persoas e 145 quedaron feridas. A xuíza determinará se os acusados, o maquinista e o exdirector de seguridade de Adif, son responsables de 80 delitos de homicidio e 145 de lesións por imprudencia profesional grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade