O Goberno ataca os xuíces ao coñecerse novidades do caso Leire
Óscar López asegura que "hai xuíces que prevarican"
Caso Leire: visitas á Fiscalía Xeral do Estado sen rexistrar
O Goberno lánzase contra os xuíces despois de que a Fiscalía recoñecera dúas reunións con Leire Díaz, imputada como presunta líder da rede que buscaba datos para atacar maxistrados e policías que investigan o PSOE e o Goberno. Moncloa admite que a anotación manuscrita de Díez de P. S. pode ser Pedro Sánchez.
O executivo eleva a presión sobre os xuíces: Óscar López asegura que hai maxistrados que prevarican. Fíxoo estas declaracións onte pola noite. Hoxe matizaba. E defende a súa liberdade para criticar sentenzas xudiciais.
Dende o Partido Popular definen como "lamentables" as declaracións do ministro. Borja Sémper asegura que son propias dunha "republica bananeira".
A presión sobre os xuíces dende o Goberno aumenta segundo se van coñecendo detalles da axenda de Leire Díez. Primeiro a anotación "reunión con P.S. Agora, tras admitir a Fiscalía dúas reunións de Diego Villafañe, man dereita de García Ortiz, con Leire Díez e o avogado Jacobo Teijelo. A presidenta da Asociación de Fiscais, Cristina Dexeus sinala que iso é algo inusual.
Na axenda de Díez tamén aparece anotada unha reunión da deputada socialista Isaura Leal coa daquela fiscal xeral Dolores Delgado para falar do caso Aznalcollar. Tanto Leal como Delgado negan ese encontro.