Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Mella enche de confianza un deportivismo necesitado de referentes

David Mella enche de confianza un deportivismo necesitado de referentes

A estrela do pequeno David brillou con luz tan intensa que puxo Riazor en pé para despedilo

G24.gal 22/01/2024 16:55 Última actualización 22/01/2024 17:07

É un foguete, valente e descarado, gambeteiro, indetectable mesmo para un líder que se rendeu aos seus trucos. Xa avisara dúas veces o Deportivo cando sacou o mellor coello do seu chapeu, o que levaba o premio.  Desborde por fóra, engano, caneo e asistencia atrás para o terceiro gol de Villares na Liga.

As mañas dos de Abegondo batían o líder, que non perdera fóra. Non satisfeito coa primeira argallada decisiva, Mella buscou unha segunda e atopouna na reanudación: provoca un penalti cando o Deportivo volvía apertar a corda á Ponferradina. Pena máxima que Lucas Pérez transforma en ledicia suprema, a sentenza dun líder que nin lle manchou as luvas do porteiro do Deportivo.

No mellor partido do curso, a estrela do pequeno e espelido David brillou con luz tan intensa que puxo Riazor en pé para despedilo cando se foi mancado. Hai novo ídolo á beira da praia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade