David Castro: "Foi un bo punto nun campo onde poucos equipos sacarán algo positivo"
O defensor racinguista acabou expulsado por dobre cartón na recta final do encontro

Unha parte para cada equipo. Así se resume o acontecido onte no feudo alxecireño, nun encontro no que o conxunto departamental mantivo a súa condición de invicto na categoría. O empate final deixa satisfeito o corpo técnico e o equipo, como recoñecía no Galicia en goles David Castro. O lateral non puido rematar o partido tras a súa expulsión na recta final.
"O partido foi complicado. Custou entrar no primeiro tempo pero na segunda puidemos mellorar e meterlles man. Faltaron moitas cousas, unha delas os choques, a claridade con balón, as ocasións. Logo aproveitando o seu baixón atopamos espazos e puidemos facer máis dano. Tivemos opcións de levarnos o partido. Cando somos quen de estar xuntos sabemos que seguimos no partido. É un bo punto nun campo onde non moitos puntuarán. É un lugar moi complicado, onde apertan moito".