Selma pide perdón: "Estou moi arrepentido do que pasou"
Estivo no centro da polémica durante os últimos días, desde que decidiu lanzar os dous penaltis dos que dispuxo o Pontevedra fronte ao Mérida saltándose unha orde directa do técnico granate, Rubén Domínguez
Dani Selma compareceu este mércores na sala de prensa do Estadio Municipal de Pasarón para explicarse e tamén pedir desculpas públicas.
"Sempre son un xogador que dá a cara, nunca me escondín detrás de ninguén e creo que é o momento de falar", comezou dicindo Selma.
"Estou moi arrepentido do que pasou o outro día. Creo que estiven equivocado. Saltei unha orde e iso está por encima de calquera decisión de xogador. Quero pedir desculpas, xa o falei no vestiario, co corpo técnico e dirección e, ben, faltábame pedir desculpas tamén á afección", explicou o dianteiro visiblemente afectado pola situación.
🎙️ 𝐑𝐝𝐏 | Rolda de prensa de Dani Selma
— Pontevedra CF 🦴 (@PontevedraCFSAD) November 19, 2025
🔗 https://t.co/r00jRt2vAT
#𝐆𝐑𝐀𝐍𝐀𝐓𝐄®️♥️#PrimeraFederacion | #VersusELearning