Dani Fernández, Carolina Durante, Judeline e Sen Senra, cabezas de cartel do festival SonRías Baixas 2025
Dani Fernández, Carolina Durante, Judeline e Sen Senra, cabezas de cartel do festival SonRías Baixas 2025
Dani Fernández, Carolina Durante, Judeline e Sen Senra, cabezas de cartel do festival SonRías Baixas 2025
Os abonos serán postos á venda o vindeiro luns 9 de decembro ás 12:00 horas cun prezo de saída de 54,90 euros
Dani Fernández, Judeline, Carolina Durante e Sen Senra serán os cabeza de cartel do festival SonRías Baixas 2025, que se celebrará no municipio pontevedrés de Bueu os días 1, 2 e 3 de agosto.
A organización confirmou este mércores os 24 artistas e grupos que conforman o cartel, ao que se suman outros como Alizzz, Niña Polaca, Nena Daconte, Delaporte, Marlena ou Vega e coa representación de bandas emerxentes, como Melifluo, Griso e Maestro Espada, así como Cariño, Shego, Pipiolas e artistas galegos como Carlos Ares, The Rapants, Grande Amore, Capital Voskov e Luis Fercán.
Así, os organizadores destacaron que o festival "se mantén fiel á súa aposta" por ofrecer un cartel no que as mulleres "xogan un papel determinante", xa que "máis da metade das bandas" están constituídas parcial ou integramente por mulleres.
Os abonos, cuxo prezo de saída será de 54,90 euros, porase á venda o vindeiro luns 9 de decembro ás 12:00 horas a través da páxina web do festival, sonriasbaixas.info, e Enterticket, con posibilidade de adquirir a acampada para os tres días e precargar de maneira anticipada a pulseira.
Ademais, para este xoves o festival avanzou que ten reservada unha sorpresa "moi especial" destinada a "aqueles fans que son fieis asistentes e seguidores do evento desde os seus inicios".