Cargando resultados...
Dabiz Muñoz revalida o seu título como Mellor Cociñeiro do Mundo
Por segundo ano consecutivo, o chef madrileño do restaurante DiverXo alzouse co número un na lista de The Best Chef Awards

G24.gal
21/09/2022 08:42
Dabiz Muñoz revalida o título de mellor cociñeiro do mundo. Por segundo ano consecutivo, o chef madrileño do restaurante DiverXo alzouse co número un na lista de The Best Chef Awards, unha clarificación elaborada cos votos de 350 cociñeiros e profesionais do sector. Este ano, ademais, Muñoz logrou outros dous galardóns: o de mellor restaurante de Madrid e o de mellor cociñeiro votado por profesionais. A lista dos cen mellores chefs do mundo inclúe 17 españois, tres nos cinco primeiros postos.