Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta agarda que mellore a convivencia na escola tras a prohibición do móbil

A Xunta agarda que mellore a convivencia na escola tras a prohibición do móbil

A directora de Ordenación e Innovación Educativa fai balance mes e medio despois da entrada en vigor da norma

Anuncia máis formación para estudantes e familias pero descarta eliminar o uso das pantallas nas aulas

G24.gal 24/02/2024 12:25 Última actualización 24/02/2024 12:58

Mes e medio despois da entrada en vigor da limitación do uso dos móbiles nos colexios, a Xunta fai balance dunha medida que algúns centros xa aplicaban.

"Cremos que se pode mellorar a convivencia nos centros con esta medida e por iso levouse a cabo. Non tiñamos constancia de que existise unha gravidade na convivencia e que acontecesen feitos inadecuados, pero cremos que é dar un paso máis e soporte ás medidas que autonomamente tomaron moitos centros", asegura Judith Fernández Novoa, directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Tamén se completou un sistema de seguridade para cando o estudantado usa os dispositivos portátiles do programa Edixgal fóra dos recintos escolares. O que se descarta é eliminar o uso das pantallas nas aulas.

"A tecnoloxía ten que estar nos centros educativos. Os alumnos teñen que adquirir unha competencia dixital e así está establecido no noso marco legal e non poden facelo doutra maneira que non sexa co emprego de dispositivos dixitais. Outra cousa é o abuso".

Sinala que se levan a cabo programas de formación do alumnado no uso responsable da tecnoloxía, das redes sociais e na navegación segura por Internet. Segundo anunciou, prevense outras iniciativas dirixidas ás familias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar