Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cultivo de cítricos ecolóxicos, unha aposta de éxito no Baixo Miño

Cultivo de cítricos ecolóxicos, unha aposta de éxito no Baixo Miño

Un emprendedor de Tomiño cultiva limas, limóns e cítricos singulares onde antes había eucaliptos

Produce tamén mel de azar, demandado pola súa suavidade

G24.gal 25/04/2024 14:06

Moitos galegos teñen algún cítrico na horta, pero poucos tiveron a idea de cultivalos profesionalmente. Óscar comezou probando sorte con 250 limoeiros, e agora ten máis de 1.400. 

"Vimos a oportunidade, como ninguén o facía apostamos por este cultivo e, polo momento, nos vai ben. Galicia é unha terra tan rica que o que botas na terra sae, o que facemos e aproveitar os recursos que temos na porta", explica Óscar, de Cítricos Rías Baixas.

Onde antes había eucaliptos, hoxe recóllense limas e limóns e outros cítricos. Axudados polo microclima de Tomiño, medran sans e sen axuda de herbicidas ou pesticidas.

"Fertilizamos con esterco de cabalo, ovella e vaca das casas dos veciños e só fixemos no terreo unha correción de PH botando cunchas de mexillón", engade Óscar.

Ademais, experimentan con variedades de alto valor engadido, como o caviar cítrico, a cen euros o quilo. Exquisiteces coas que cocteleiros e cociñeiros buscan marcar a diferenza.

"Temos lima kaffir, moi aromática que se usa para aceites esenciais, temos kumcuats, limacuats, limón rosa e caviar cítrico. Na seguinte ampliación probaremos tamén a poñer bergamota", di o empresario.

Para favorecer a polinización puxeron colmeas nas fincas e agora tamén producen un mel singular. É mais suave e claro do habitual, porque as abellas chuchan, fundamentalmente, das flores de azar.

Un potencial, o dos cítricos, que este emprendedor está a espremer con éxito nas fértiles terras do Baixo Miño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar