Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cullerciencia saca a ciencia á rúa da man dos escolares

Cullerciencia saca a ciencia á rúa da man dos escolares

A Ciencia saíu hoxe á rúa en Culleredo, e fíxoo da man dos escolares

O colexio público Ría do Burgo é o responsable de organizar Cullerciencia, unha feira en que o alumnado de varios centros amosa os seus experimentos e investigacións, ao abeiro de entidades científicas  

G24.gal 07/06/2025 22:54

A vontade de entender e aprender forma parte da xenética de todos os rapaces e rapazas que participaron nesta sétima edición de Cullerciencia. A feira científica que se celebra no paseo marítimo do Burgo e que este ano instalou 36 carpas para os participantes. Colaboran colexios, institutos, entidades e asociacións vencelladas ao ámbito científico.

Detrás dun proxecto hai unha idea. E a que tiveron no colexio público Ría do Burgo está consolidada como referencia da divulgación científica en Galicia.

Ciencia aplicada para a formación e a diversión en varias facetas

Cullerciencia foi retransmitido ao través da canle de Twitch do colexio organizador. Con entrevistas, debates, e traballo a pé de rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar