Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cuba sofre un novo apagamento nacional, o segundo nunha semana

Cuba sofre un novo apagamento nacional, o segundo nunha semana

A illa volve estar ás escuras e sen electricidade

É o segundo apagamento total en menos dunha semana e o sétimo no último ano e medio

A situación agravouse nos últimos tres meses co bloqueo petroleiro imposto polos EUA

Rúas do centro da Habana quedaron ás escuras. REUTERS/Norlys Perez
G24.gal 22/03/2026 09:55

Cuba sufriu un novo apagamento nacional por unha desconexión total do Sistema Eléctrico Nacional (SEN) á 18.38 hora local, o segundo en menos dunha semana e o sétimo en ano e medio, segundo informaron medios oficiais.

Cuba atópase sumida nunha profunda crise enerxética desde mediados de 2024, unha situación que se agravou nos últimos tres meses co bloqueo petroleiro imposto polos EUA, que levou os cortes eléctricos a máximos.

Nas últimas dúas semanas rexistráronse dous apagamentos nacionais e un corte masivo da subministración, que deixou dous terzos da illa sen electricidade. 

REUTERS/Norlys Perez REUTERS/Norlys Perez
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade