Goberno de Cuba: "Nin o noso sistema político nin o presidente son obxecto de negociación" cos EUA
As autoridades cubanas recoñeceron que as negociacións cos EUA son un asunto "sensible" e que se está levando "con discreción"
Reuters
O viceministro cubano de Asuntos Exteriores, Carlos Fernández de Cossío, asegurou este venres que "o sistema político cubano non é obxecto de negociación", como tampouco ningún dos seus cargos gobernamentais.
Nunha conferencia de prensa en que foi preguntado polos xornalistas sobre as negociacións cos EUA, De Cossío evitou achegar detalles e indicou que estes asuntos son "moi sensibles" e que A Habana os está manexando "con discreción".
"Si que podo confirmar categoricamente que o sistema político cubano non é obxecto de negociación, nin, por suposto, o presidente nin ningún cargo do Goberno é obxecto de negociación, nin con EUA ou con ningún outro país", asegurou