Publicador de contidos

Publicador de contidos

Credit Suisse cae máis dun 60 % e UBS un 8 % tras o acordo de fusión

Credit Suisse cae máis dun 60 % e UBS un 8 % tras o acordo de fusión

As bolsas europeas recuperaron tamén a media mañá, despois de abrir á baixa

O Ibex 35 subía un 0,35 %, ao mediodía, revertendo as caídas coas que abriu a sesión

O euro chega os 1,069 dólares e o Brent, o cru de referencia cae un 2,7 %

G24.gal 20/03/2023 09:39

As accións de Credit Suisse e de UBS comezaron a sesión deste luns na Bolsa de Zúric con fortes caídas despois do acordo para a fusión das dúas maiores entidades de Suíza orquestrado este domingo xunto coas autoridades do país helvético.

Deste xeito, os títulos de Credit Suisse chegaban a baixar na apertura case un 64 %, ata os 0,67 francos suízos por acción, por baixo da oferta de adquisición de 0,76 francos pactada onte, mentres que os de UBS chegaban a perder un 13 % do seu valor.

UBS aceptou comprar por 3.000 millóns de euros Credit Suisse, prezo que pagará unicamente en accións e que valora os títulos da entidade absorbida un 60 % por baixo do seu valor ao peche da xornada bolsista do venres.

O Ibex 35 subía un 0,35 %, ao mediodía, revertiendo as caídas coas que abriu a sesión, alcanzando os 8.749 puntos e con todos os bancos do selectivo cotizando á baixa. 

As bolsas europeas recuperaron tamén a media mañá, despois de abrir á baixa nunha sesión marcada pola volatilidade, lastradas pola cotización de Credit Suisse. Frankfurt anótase o 0,26 %; París, o 0,15 %; Milán, o 0,05 %; e Londres, o 0,04 %.

Neste contexto, ao mediodía, o euro chega aos 1,069 dólares e o Brent, o cru de referencia, que chegou a baixar o 3 % tras a apertura, cae o 2,7 % a esta hora, ata os 71,10 dólares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos