Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cospeito celebra a súa tradicional Feira de Maquinaria Agrícola usada

Cospeito celebra a súa tradicional Feira de Maquinaria Agrícola usada

Son 30.000 metros cadrados de exposición onde pode atopar todo tipo de maquinaria para o traballo no campo pero tamén para o xardín

Paralelamente celébrase a Feira de Artesanía, con medio cento de artesáns, e a de antigüidades

G24.gal 26/04/2026 14:04

Hai quen ven buscando un tractor, hainos novos e dos que xa non se ven.

"Temos tractores, trituradoras e maquinaria usada", di Rubén Basanta, un dos vendedores da feira.

Maquinaria para o campo ou para o xardín, había quen a primeira hora xa comprara.

 "Comprei un remolque"; conta un home, unha muller di: "Eu veño por unha rozadora"

Na feira de maquinaria agricola usada de Cospeito un pode atopar calquera apeiro. Hai moita oferta pero este ano parece que as vendas andan máis floxas.

 "Este ano están máis floxas será pola incerteza, pero é un escaparate importante para darte a coñecer", asegura Marcos Fernández, un dos vendedores da feira.

Unha segunda vida para os apeiros de labranza e para calquera das pezas que se venden na sección de antigüidades da feira

"Temos de todo, a peza máis cara é unha escultura dun touro que está numerada, custa 800 euros", di Luis Rodríguez, un dos vendedores de antigüidades da feira.

Un escaparate único que cumpre 35 anos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade