Feira cabalar de Tui deslucida pola amenaza de choiva
Un especialista romanés de atraccións cabalares para cinema foi o gran reclamo da xornada
Este luns, día central de San Telmo, celébrase en Tui a feira cabalar que ten máis dun século de existencia, un pouco deslucida pola ameaza de mal tempo, xa que os gandeiros trouxeron menos exemplares.
A paixón polos cabalos, a adrenalina e a conservación dun costume centernario foron os motivos que aglutinaron a centos de afeccionados pola feira.
A doenza dun boi tamén fixo anular unha sesión de labranza popular, sustituíuse por esta sesión de exhibición de cabalo galego a cargo de Xacobe Pérez Paz. Ademais os asistentes de última hora puideron gozar co espectáculo dun especialista romanés dos que adestran cabalos para as películas.
A tradición cabalar vai a máis en toda esta zona, aínda que os prezos dos animais e do seu mantemento medraron bastante.