Cargando resultados...
A feira do viño de Vilachá enche a Pobra do Brollón
Trece adegas forman parte dunha feira que celebra xa a súa 33ª edición
G24.gal
03/05/2026 15:28
Última actualización 03/05/2026 15:39
A Pobra do Brollón enchese este fin de semana grazas a xa tradicional feira do viño de Vilachá, unha das máis populares na Ribeira Sacra e que este ano celebra a súa trixesimoterceira edición.
En total son trece adegas e colocanse en edificacións que datan do século doce. Unha ocasión de luxo tamén para eles, que poden ofrecer o seu producto.
"Levamos vindo moitos anos e queremos seguir ca tradición. Son de Cuba pero prefiro o viño galego", comentaban algúns dos visitantes.
Ademáis, podemos atopar xente de todas as idades, iso si, depende de hora. Viño, polbo e música para disfrutar ca familia e os amigos nesta ponte de maio.