Publicador de contidos

Publicador de contidos

Plantas no interior como aliadas das persoas, desde o lirio da paz ata o drago

Plantas no interior como aliadas das persoas, desde o lirio da paz ata o drago

Un estudo da NASA que investigou a formas de purificar o ambiente, concluiu que as plantas consumen un 0,1% do osíxeno dunha estancia

Hoxe xa son moitos os floristas que recomenan plantas e flores para mellorar o estado de ánimo ou mesmo para conciliar o sono no interior dos dormitorios

Paisaxistas, decoradores e floristas seguen enfrontándose ao convencemento dos seus clientes de que non debemos durmir a carón das plantas 

 

G24.gal 26/04/2026 14:10

Seguro que escoitaron algunha vez que durmir con plantas no cuarto non é bo, pero algunhas poderían axudarnos mesmo a descansar mellor.

Ser asesora de ecoxardín nun viveiro que está no medio da cidade, é máis, dentro dun macrocentro comercial coma o de Vialia de Vigo, supón que o 80% das plantas que venden sexan prantas de interior. É o que vive Almudena en Verdecora. Iso de que as plantas restan o noso osíxeno de noite xa non condiciona á maioría dos seu clientes. 

"Como a NASA fixo un estudo onde se di que por exemplo o spathiphyllum ou a sansevieria proporcionan osíxeno, agora ven moita xnte nova buscando ese tipo de plantas", explica á TVG, Almudena Vidal, que traballa como asesora de ecoxardín en Verdecora, dentro do centro comercial vigués de Vialia. 

Sabendo que no dormitorio mellor unha orquídea que outro homo sapiens, ¿que podemos mercar que sexa bo para a saúde física e psíquica?

"Un cóleo ou un spathiphyllum, un kalanchoe, unha monstera ou costela de adán, unha palmeira, unha areca, unha chamaedorea. As plantas deshumidifican. E se tes un fungo nunha habitación axudan a que non se estenda", engade Almudena Vidal, que asesora no eido do ecoxardín en Verdecora, en Vialia. 

As plantas dentro, a carón da cama tamén, para purificar o aire, reducir o ruido ou eliminar bacterias. No plano da saúde mental levan a natureza ao interior das casas.     

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos