Coruxo e Guijuelo firman as táboas nun partido gris (0-0)
Os vigueses dispuxeron das ocasións máis claras nos últimos minutos
O equipo visitante reclamou un penalti na primeira metade
Coruxo e Guijuelo empataron nun partido que non destacou precisamente por ter unha chea de ocasións.
A primeira metade comezou sen un gran dominador. Ambos conxuntos rondaron as inmediacións das áreas, aínda que sen perigo algún. Á media hora de partido non ocorrera nada destacable. Así se chegou ao descanso, con dous equipos que semellaban ter máis medo a perder, que gañas de intentar gañar.
A segunda arrancou igual, aínda que co Coruxo con algunha alternativa máis. No minuto 67, tivo que retirarse mancado logo dunha perigosa entrada por detrás dun defensa visitante. Trala falta, o remate marchou por fóra da portería. Eran uns minutos nos que o Coruxo foi notablemente superior ao seu rival. Cando restaban cinco minutos para o final do partido, os vigueses dispuxeron da ocasión máis clara ata o momento, ao ter ata tres remates francos na área dos que non foron quen de materializar ningún. De aí ao final, tan só se poden destacar dous achegamentos locais que non chegaron a significar serio perigo.
O Coruxo desperdicia unha boa oportunidade para achegarse aos postos de playoff, un lugar que seguirá ocupando o Guijuelo a expensas do que faga mañá a S. D. Compostela.