Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un accidente de camión obriga a cortar a AG-55 en Arteixo

Un accidente de camión obriga a cortar a AG-55 en Arteixo

A circulación polo carril esquerdo restableceuse  ás 20.05 deste martes quedando cortado o dereito 

O condutor do vehículo pesado quedara atrapado no interior e tivo que ser liberado polos bombeiros

G24.gal 01/10/2024 14:25 Última actualización 01/10/2024 21:49

A autovía AG-55 tivo que ser cortada ao seu paso pola vila de Arteixo debido ao envorco dun camión no quilómetro 12 desta vía.

O sinistro produciuse sobre as 12:30 horas. Segundo os avisos recibidos pola central de emerxencias 112 Galicia un camión remolque envorcara neste punto, e facía imposible a circulación.

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que cando chegaron ao lugar sinalaron que o camioneiro se atopaba atrapado no interior, xa que o vehículo estaba totalmente ladeado e o condutor non era capaz de abrir as portas.

A continuación, deuse aviso aos Bombeiros de Arteixo, que tiveron que empregar material de excarceración para liberar ao condutor polo parabrisas dianteiro do vehículo.

Debido a este accidente, informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), a AG-55 permaneceu cortada ata as 20.05 deste martes.

A partir desa hora abriuse o carril esquerdo á circulación. O carril derito tivo que quedar cortado e balizado entre os km 9,800 e 10,800.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar