Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT recomenda entrar a Galicia pola A-6 malia reabrir a A-52

A DXT recomenda entrar a Galicia pola A-6 malia reabrir a A-52

A autovía A-52, que chegou a embolsar a máis dun milleiro de vehículos, volveu reabrir en ambos os sentidos 

Chea a área de Puebla de Sanabria polo corte da A-52 entre Zamora e Ourense

Comeza a ponte de máis desprazamentos do ano: coidado cos incendios

G24.gal 14/08/2025 16:24 Última actualización 14/08/2025 17:56

A autovía A-52, que chegou a embolsar a máis dun milleiro de vehículos, volveu a reabrir ao tráfico en ambos os sentidos da marcha.

A DXT recomenda aos condutores acceder a Galicia pola autovía A-6 (Madrid-A Coruña) en lugar da A-52 (Zamora-Pontevedra), que se viu afectada polos incendios.

A circulación viuse interrompida esta tarde polos incendios forestais que afectan á provincia de Ourense e que tamén chegan á de Zamora. A situación chegou a afectar a máis de mil vehículos. 

O corte ao tráfico da A-52 e a N-525 en A Gudiña levou a embolsar os vehículos que circulan por esas estradas, que son as principais vías de comunicación entre Vigo e as Rías Baixas con Madrid, na contorna de Puebla de Sanabria.

Máis de 1000 vehículos retenidos Máis de 1000 vehículos retenidos

Ás cinco menos cuarto, o lume cruzou a A-52 no quilómetro 125, xusto á entrada da Gudiña vindo desde Zamora. Chegou a unha zona habitada, onde ademais de vivendas está o centro de saúde, protección Civil, varias naves industriais e unha instalación de paneis solares.

As lapas saltaron á Nacional 525 e seguiron en dirección ao Alto do Canizo, onde está o túnel do Ave. 

Chea a área de Puebla de Sanabria polo corte da A-52 entre Zamora e Ourense

A área de embolsamento de vehículos da autovía A-52 e a estrada Nacional 525 existente en Puebla de Sanabria encheuse en apenas unha hora e media polo corte ao tráfico desas infraestruturas viarias por mor do incendio forestal que desde a provincia de Ourense entrou na de Zamora.

O delegado do Goberno en Castela e León, Nicanor Sen, expresou a súa preocupación pola coincidencia desta situación xerada polo incendio coa operación saída de tráfico, xa que a afluencia de vehículos comezaba a incrementarse.

O feito de que xa non caiban máis vehículos nesa zona habilitada para retelos no caso de que se produzan cortes do tráfico na A-52 por circunstancias meteorolóxicas ou doutro tipo levou a Tráfico a parar agora os vehículos que se dirixen cara a Galicia e embolsalos no quilómetro 15 da A-52, á altura de Quiruelas de Vidriales (Zamora).

O incendio que desde A Mezquita penetrou na comarca zamorana da Alta Sanabria en dúas frontes a través dos vales de Hermisende e Pías, obrigou igualmente a cortar ao tráfico a vía ferroviaria de Alta Velocidade entre Madrid e Galicia e a desaloxar as poboacións zamoranas de Castromil, Pías, Villanueva de la Sierra, Barjacoba e Porto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade