Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home na Coruña por agredir outro cunha arma branca tras un altercado

Detido un home na Coruña por agredir outro cunha arma branca tras un altercado

A vítima recibiu dous puntos de sutura nunha perna e foi xa dada de alta

Arquivo Arquivo
G24.gal 19/05/2026 12:32

Axentes da Policía Nacional detiveron un home na Coruña por agredir outro cunha arma branca. Ocorreu sobre as 7:50 da mañá deste martes na rúa Educación, despois de que ambos protagonizaran un incidente.

Trátase de dous individuos que pernoitan pola zona. A vítima foi conducida ao complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC) con feridas leves nunha perna que requiriron dous puntos de sutura. Foi xa dada de alta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade