Detida unha muller por acoitelar outra á saída dun pub en Lugo
O suceso produciuse sobre as 5:30 horas desta madrugada na Mariña Española
Imaxe de arquivo
Unha muller foi detida en Lugo por acoitelar outra á saída dun pub nesta cidade, segundo informaron fontes da Policía Nacional, que se desprazaron ao lugar.
Tamén o 112 confirmou o suceso que se produciu sobre as 5:30 horas desta madrugada na Mariña Española.
Unha persoa alertou de que unha muller necesitaba asistencia tras unha agresión con arma branca. Á súa chegada, os axentes detiveron a presunta agresora, mentres que a vítima necesitou puntos de sutura.
No suceso estiveron implicadas dúas mozas, de entre 20 e 30 anos, precisaron as fontes consultadas.
Ademais, da detención dunha delas foi arrestado outro individuo que intentou evitar a actuación policial violentamente e que, finalmente, quedou detido por resistencia e desobediencia á autoridade.