Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Policía trata de dar co autor do acoitelamento mortal na Coruña

A Policía trata de dar co autor do acoitelamento mortal na Coruña

As cámaras de seguridade da zona van ser a clave para identificar o autor do crime

G24.gal 29/06/2026 14:34 Última actualización 29/06/2026 14:52

A Policía Nacional mantén aberta a investigación para localizar o autor da coitelada mortal. Sospeitan dun home, duns 50 anos, con tatuaxes nas mans e veciño do barrio de Labañou. Con el, supostamente, o falecido tivera un encontronazo na noite de San Xoán.

Aconteceu pouco despois da unha da tarde deste domingo, na Travesía dos Rosais. A vítima, un varón de 55 anos, estaba preto da súa casa. Despois de recibir a coitelada, vírono saír correndo por un camiño estreito ata que caeu ao chan.

Unha testemuña comentou que intres antes do acoitelamento vira un home dando voltas pola zona. Levaba a faciana oculta cunha máscara e vestía un suadoiro con capucha e pantalóns negros. 

Polo momento, non se desbota ningunha hipótese sobre o móbil do crime. As imaxes recollidas polas cámaras de seguridade que hai na zona van ser a clave para identificar o autor do crime.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade