Cargando resultados...
O concello de Xunqueira de Ambía pide que se faga un uso responsable da auga durante estes meses
Por agora non hai problemas na subministración, aínda que temen que se non se fai un uso responsable poida habelos
G24.gal
05/07/2026 16:11
Con estas altas temperaturas, moitos concellos comezan a pedir que se faga un uso responsable da auga para evitar problemas na subministración.
Este é o caso de Xunqueira de Ambía. O Concello detectou estes días un consumo excesivo de auga, por iso emitiu un bando advertindo que non se pode encher piscinas nin regar hortas coa auga da traída.
A poboación do municipio durante o verán multilícase, pero por agora non hai problemas na subministración, aínda que temen que se non se fai un uso responsable da auga poida habelos.