Publicador de contidos

Publicador de contidos

O exdirectivo de Adif saíu de declarar entre apupos de vítimas e familiares

O exdirectivo de Adif saíu de declarar entre apupos de vítimas e familiares

A policía identificou varias persoas polos altercados 

Non cren "nin unha palabra" da súa declaración ante o xuíz

G24.gal 13/10/2022 14:35 Última actualización 13/10/2022 15:07

Andrés Cortabitarte chegaba puntual a declarar ante o xuíz. Está acusado da morte de 80 persoas no accidente do Alvia en Angrois. Daquela era o xefe de seguridade de ADIF. Este xoves estaba visiblemente tenso.

De novo importante presenza policial para evitar o contacto coas vítimas e as familias. Entenden que a súa responsabilidade é maior ca a do maquinista.

Cortabitarte puido declarar xa hai unha semana, como estaba previsto, pero solicitou un aprazamento para recuperarse do golpe que recibiu do pai dunha das vítimas mortais.

Vítimas e familiares conclúen que mentiu e aseguran que non cren "nin unha palabra" da súa declaración. Á saída, proferiron berros neste sentido.

A policía identificou por estes altercados varias das persoas afectadas que seguen desde os exteriores da Cidade da Cultura o desenvolvemento de cada xornada da vista oral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade