Publicador de contidos

Publicador de contidos

Correos entrégalles aos peregrinos unha bolsa para que vaian recollendo o lixo do Camiño

Correos entrégalles aos peregrinos unha bolsa para que vaian recollendo o lixo do Camiño

Unha consigna en cada ruta agasállaos coa bolsa feita con material reciclado 

A iniciativa conmemora o Día Mundial da Limpeza 

G24.gal 15/09/2022 19:51 Última actualización 15/09/2022 20:04

As consignas de Correos nas vilas de Ferrol, Monforte, A Guarda, Tui, Sarria e, por suposto, Santiago atenden os peregrinos que recollen mochilas e equipaxes e que, esta semana, ao marchar levan un práctico agasallo dentro do proxecto da empresa pública por un Camiño de Santiago sostible, como conta a responsable da Atención ao peregrino de Correos en Compostela Rocío Otero.

"Estivemos entregando estas bolsiñas de plástico reciclado para os peregrinos e para que recollan o seu propio lixo e o que vaian encontrando no Camiño de Santiago. Sobre todo, o turista estranxeiro é moi colaborador e lévaas encantado. Tamén se poñen carteis de consumo enerxético, aforro de luz, de auga, sobre todo, no Camiño Francés".

En Sarria déronlla a un peregrino co que falamos. Chegou de Zaragoza e seguiu cara a Fisterra, coa súa bolsa e co seu entusiasmo pola iniciativa.

"Collina de maneira chistosa, pero logo todas as latas que fun mirando funas recollendo" / "E podes reutilizala un montón de veces. Eu lévoa a Zaragoza".

Os peregrinos máis veteranos aseguran que iniciativas coma esta van callando ano tras ano nos camiñantes e encontran o Camiño máis limpo ca en anos anteriores. Moitos xa levan bolsas para o seu propio lixo.

Correos súmase con esta iniciativa á celebración do Día Mundial da Limpez, que se conmemora o terceiro sábado de setembro desde 2009.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar